Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.912

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO do 21 de maio de 1996 polo que se publican as listas de admitidos ás probas selectivas para cubrir prazas de persoal laboral fixo da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

As listas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para cubrir prazas de persoal laboral fixo desta fundación están expostas no taboeiro de anuncios do Centro de Transfusión de Galicia, Avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela. Nestas listas figura tamén a puntuación asignada polo tribunal a cada un dos aspirantes con base na documentación achegada por eles. O prazo de reclamacións será de tres días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As datas dos exames faraas públicas o tribunal encargado de cualifica-las probas con dous días de antelación á data de realización de cada unha das probas mediante un anuncio no taboleiro de anuncios da fundación.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1996.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro de Transfusión de Galicia

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273