Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

CORRECCIÓN de erros.

No Diario Oficial de Galicia número 93, con data 13 de maio de 1996, publicouse a resolución do Concello de Pontedeume, con data 19 de abril de 1996, pola que se anuncia a contratación da obra: rede de sumidoiros de Loureiros ó Cruceiro, por procedemento aberto e poxa; advertido erro nela, corríxese do teor seguinte:

Onde di: «Presentación de solicitudes de participación: durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio no BOP».

Debe dicir: «Presentación de solicitudes de participación: durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio no DOG».

Pontedeume, 14 de maio de 1996.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde

3084