Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase para xeral coñecemento que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 10 de maio de 1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 2 do SU-24 (Cruz Alta), a pedimento de David González Fernández, cos condicionantes técnicos sinalados polos servicios municipales, debendo contituír garantía por importe de vinte millóns setecentas seis mil duascentas corenta e cinco pesetas (20.706.245), para respostar da correcta execución das obras.

2. Somete-lo expediente á información pública polo plazo de quince días no BOP, no DOG, e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

De conformidade co artigo 117.3º do TRLS perante o referido plazo de exposición, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, poderán deducirse as alegacións que se estimen oportunas.

Ourense, 13 de maio de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

96-3833