Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase para xeral coñecemento que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 10 de maio de 1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de execución da beirarrúa, arranxo de calzada e mellora dos servicios na r/ Sierra Martiña, a pedimento de Sierra Martiña, S.C., representada por José Luis Gómez Ferreiro y José Antonio Velo Domínguez, condicionada á constitución de garantía polo importe de dous millóns cento noventa e unha mil seiscentas oitenta pesetas (2.191.680) para garanti-la correcta execución das obras.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días no BOP, no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia, para o seu exame e achegamento das alegacións que procedan.

3. Iniciar expediente sancionador por comeza-las obras sen licencia, nomeando xuíz instructor deste a Julio Díaz Salcedo.

O prazo para a vista e presentación de alegacións comezará a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Todo isto en virtude do artigo 117.3º do TRLS.

Ourense, 13 de maio de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

96-3826