Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras de mellora e pavimentación do camiño de Aspera-Portela.

Sendo declarada polo Consello da Xunta de Galicia a ocupación urxente dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras de mellora e pavimentación do camiño de Aspera-Portela polo Decreto 133/1996, do 29 de marzo, publicado no DOG nº 75 do 17 de abril de 1996, esta comisión de goberno, en sesión de data do 30 de abril de 1996, acordou sinala-lo próximo día 20 de xuño do ano que corre, ás 10 horas, na Casa do Concello de Barro, para proceder ó levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas citadas obras, sen prexuízo de practicar recoñecemento do terreo, se se considera oportuno.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Relación de propietarios afectados.

-Carmen Varela; superficie afectada: 10 m; valoración: 10.000 ptas.-Palmira Casal Rial; superificie afectada: 8,88 m; valoración: 8.880 ptas.-Manuel Outón Villaverde; superficie afectada: 27,75 m; valoración: 27.750 ptas.-Carmen Pasarín Fernández; superficie afectada: 7,56 m; valoración: 7.560 ptas.-Videlina García Casal; superficie afectada: 7,56 m; valoración: 7.560 ptas.-Manuel Ruibal Cousido; superficie afectada: 9,30 m; valoración: 9.300 ptas.

-Carmen Canay García; superficie afectada: 9,46 m; valoración: 9.460 ptas.-José Ruibal Carcía; superficie afectada: 54,50 m; valoración: 54.500 ptas.-Total valoración: 135.010 pesetas.

Barro, 8 de maio de 1996.

A alcaldesa

Rubricado

96-3825