Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996 pola que se anuncia a contratación das obras de pavimentación e mellora de servicios da praza e o contorno da igrexa de Cervás, 1ª fase, mediante poxa con procedemento aberto.

De conformidade co disposto no artigo 79 da L.C.A.P., anúnciase a participación no procedemento aberto para adxudica-la obra de pavimentación e mellora de servicios da praza e o contorno da igrexa de Cervás, 1ª fase.

Obxecto do contrato: a contratación do proxecto de obras relativo a pavimentación e mellora de servicios e o contorno da igrexa de Cervás, 1ª fase.

Duración do contrato: 3 meses.

Tipo de licitación: 8.022.438 ptas.

Pagamento: o pagamento do prezo da adxudicación farase con cargo á partida 5.601.00 do orzamento municipal de gastos.

Clasificación do contratista: o contratista terá que estar clasificado:

Grupo A, subgrupo «2» explanacións.

Grupo E, subgrupo «1» abastecementos e saneamentos.

Grupo G, subgrupo «4» firmes de mesturas bituminosas.

Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: están de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do concello.

Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación do anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

Presentación de solicitudes de participación: durante os vinteseis días naturais seguintes ó de publicación do anuncio no BOP.

Modelo de participación: o recollido no anexo II do prego de cláusulas administrativas xerais.

Ares, 13 de maio de 1996.

José Juan Vilasánchez Pazos

Alcalde

3844