Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996 pola que se procede á corrección de erros do proxecto para a contratación por concurso público, procedemento aberto, da obra de reforma de climatización do depósito de libros da Biblioteca Xeral, expediente 416/1996, convocado por Resolución do 23 de abril de 1996, publicada no Diario Oficial de Galicia do 7 de maio de 1996.

No proxecto antes mencionado así como na resolución rectoral de publicación figura: «Clasificación: grupo I, subgrupo 2, categoría c» e debe figurar: «Clasificación: grupo J, subgrupo 2, categoría c».

O prazo de presentación de propostas para o expediente 416/1996 amplíase ata as 14 horas do día 31 de maio de 1996, permanecendo invariable para os demais expedientes convocados.

Exame das propostas do expediente 416/1996, a mesa de contratación reunirase o día 3 de xuño de 1996, ás 13 horas da maña, na sala de xuntas da Casa da Balconada, rúa Nova 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1996.

P.D. (R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

3828