Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/119-1).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tte. Xral Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Brañas de Ferreira-Xestal.

Situación: Laracha (A Coruña).

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.271 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte do C.T. xestal e remata na L.M.T. Brañas de Ferreira-Igrexario de Montemaior (Expte. 7.596). Concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 28 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3824