Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996 pola que se convoca a contratación dunha asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia, polo sistema de concurso aberto.

1. Obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia.

2. Prazo de execución: un ano.

3. Orzamento: 280.000.000 pesetas (aproximadamente).

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

5. Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

6. Fianza provisional: 5.600.000 pesetas.

7. Fianza definitiva: 11.200.000 pesetas.

8. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentacion de proposicións: a proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 19 de xuño de 1996.

10. Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edidificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 21 de xuño de 1996.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación a sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

96-2946