Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.908

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (258/1992-01).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario xudicial con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica:

Que no libro de sentencias civís deste xulgado consta dictada a seguinte, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Encabezamento.-Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, viu os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía número 258/1992, promovidos por Ramón de la Fuente Vázquez, representado polo procurador García-Piccoli Atanes, e defendido polo letrado Vispo Peiteao, contra a empresa Computer Systems Software e Carmen Dopazo Vidal, declarados en rebeldía procesual, e contra Ángel Andrés Costa Pérez, Roberto Félix Noya Crespo, representados pola procuradora Sánchez Silva e defendidos polo letrado Trepat Silva, e contra a empresa Dinatex, S.L., representada polo procurador Gómez Martín e asistido polo letrado Hospido Lobeira.

Decido: que debo rexeitar e rexeito a demanda interposta polo procurador García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Ramón de la Fuente Vázquez, contra Ángel Andrés Costa Pérez e Roberto

Félix Noya, representados pola procuradora Sánchez Silva, e Dinatex S.L., representada polo procurador Gómez Martín, e contra María del Carmen Dopazo Vidal e Computer Systems Software, declarados en rebeldía procesual, sen facer condena en canto ás custas procesuais.

Contra esta sentencia poderá interporse recurso de apelación no prazo de cinco días.

E para que así conste e lles sirva de notificación en forma ós demandados en rebeldía, María del Carmen Dopazo Vidal e Computer Systems Software, en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o once de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

2962