Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.908

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (67/1996).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber: que neste xulgado se segue xuízo de desafiúzamento número 67/1996, por expiración do termo e nas súas actuacións se dictou a resolución que literalmente di así:

«Cédula de citación.-O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela, Francisco Javier Míguez Poza, en resolución do día da data, dictada nos autos de xuízo de desafiúzamento número 67/1996, que se seguen neste xulgado a pedimento de Sergio Vázquez Martorell, representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra María del Carmen Gesto Nieto, representada pola procuradora Esperanza Álvarez, contra Clemente González Peón, José Jaime Trillo Puente e demais herdeiros descoñecidos e incertos de Víctor González Álvarez e Dolores Puente Oleiro e calquera outra persoa descoñecida e incerta interesada no contrato de arrendamento obxecto do proceso, isto é, Cine Rayola, actualmente Cine Avenida, sito na rúa Barreiras, 15 e despacho de billetes sito no baixo da casa número 14-a, hoxe avenida de Rosalía de Castro número 95, acordou cita-los demandados que se dirán, co obxecto de que comparezan ante este xulgado o día cinco de xuño de 1996, ás dez horas, na

sala de audiencia deste, para a celebración do correspondente xuízo verbal, e prevéñoos de que se decretará o desafiúzamento sen volveren a ser citados nin oídos, no caso de incomparecencia».

E para que conste e lle sirva de cédula de citación a José Jaime Trillo Puente, con último domicilio en avenida de Rosalía de Castro, número 95 baixo, Santiago de Compostela, os herdeiros descoñecidos e incertos de Víctor González Álvarez e Dolores

Puente Oleiro e calquera outra persoa descoñecida e incerta interesada no contrato obxecto do procedemento, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o once de abril de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado

Rubricado

O secretario

Rubricado

3839