Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 23 de maio de 1996 Páx. 4.859

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (355/1995).

Mª Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifica que neste xulgado se seguen autos de xuízo de desafizamento nº 355/1995, a pedimento de Manuel Antelo Rodríguez, representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Alfonso Otero del Río, e nas súas actuacións dictouse a presente sentencia con data sete de marzo de mil novecentos noventa e seis, co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal de desafiuzamento número 355/1995, por falta de pagamento da renda, seguidos neste xulgado en virtude da demanda formulada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Manuel Antelo Rodríguez, maior de idade, casado, labrego e veciño da parroquia de Rial, con domicilio no lugar de Loureiro, concello de Val do Dubra, co letrado Jesús Mariño Barreiro, contra Alfonso Otero del Río, maior de idade, veciño desta cidade, con domicilio no baixo e bufarda da casa número catro da travesa do Carme de abaixo nesta cidade.

Resolvo que estimo integramente a demanda promovida polo procurador Victorino Regueiro Muñoz en nome e representación de Manuel Antelo Rodríguez, e declaro resoltos os contratos de arrendamento

que existen entre o demandante e o demandado, por falta de pagamento das rendas pactadas e, en consecuencia, declaro haber lugar o desfiuzamento do demandado Alfonso Otero del Río do baixo e da bufarda da casa número catro da travesa do Carme de abaixo nesta cidade, con apercibimento de lanzamento se non o desaloxase no termo previsto na lei, así como o pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor ante este xulgado recurso de apelación, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia por edictos a Alfonso Otero del Río, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o nove de abril de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9603460