Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 23 de maio de 1996 Páx. 4.859

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (148/1992).

En Santiago de Compostela, o 19 de abril de 1996, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fai constar que, con data do 2-2-1996, se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 148/1992, seguido neste xulgado por accidente de tráfico ocurrido o día 17-5-1992 en Santiago

de Compostela, cunha parte dispositiva que é a seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Álvaro Alejandro Caneda, como autor dunha falta de lesións por imprudencia, á pena de dous días de arresto menor e a que indemnice a José Antonio Rouco Márquez en 7.080.000 ptas., polos días de incapacidade total profesional, 10.000.000 de ptas. por secuelas do accidente, 438.500 ptas. por gastos médicos e de rehabilitación acreditados e gastos médicos hospitalarios que se acrediten, e a Fernando Rodríguez Lareo en 240.750 ptas. por danos; con responsabilidade civil directa do Consorcio de Compensación de Seguros en 8.000.000 de ptas. por danos corporais e 112.000 ptas. por gastos de asistencia sanitaria respecto do primeiro prexudicado, e de 240.750 ptas. respecto do segundo, con aplicación do interese do artigo 921 da LAC e con imposición de custas ó condenado».

E así o fago constar e estendo a presente cédula para a súa notificación á denunciante María Isabel González Ces, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoa de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días ante este xulgado, consonte o disposto nos artigos 976, 795 e 796 da LACr.

Rubricado

2961