Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 23 de maio de 1996 Páx. 4.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ACORDO do 24 de abril de 1996, do Servicio de Xestión do Dominio Público Hidráulico, de solicitude de concesión de 17 litros/segundo de augas do regato Ronfrío, no lugar de Beche, concello de Abegondo (A Coruña), con destino ó abastecemento de núcleos de poboación.

De conformidade co disposto no artigo 109 e concordantes do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo R.D. 849/1986, do 11 de abril, e o Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental da Xunta de Galicia, o Servicio de Xestión do Dominio Público Hidráulico da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, somete a información pública a solicitude de concesión de augas que se detalla no proxecto e no estudio de impacto ambiental.

Referencia: expediente OT-213A-92/147. Clave: DH.A15.7376.

Peticionario: Concello de Abegondo (A Coruña).

Caudal solicitado: dezaste (17) litros/segundo.

Corrente de derivación: regato Ronfrío.

Lugar: Beche.

Concello onde radica a toma e as demais obras: Abegondo.

Destino: abastecemento municipal.

Descrición das obras: toma, presa e encoro.

Proxéctase unha presa de formigón de planta recta (gravidade) de vinte (20) metros de altura sobre os cimentos, con noiros verticais augas arriba e 0,75 metros augas abaixo. A capacidade do encoro á cota de máximo nivel normal é de 0,18 hm e o máximo nivel de cheas é de 0,23 hm. A lonxitude total na coroación é de 153 metros e o largo é de 4 metros. Na presa proxéctanse dous desaugadoiros de fondo con tubos de aceiro de 300 mm de diámetro e 11 metros de lonxitude, á cota 274,75 metros con saída libre ó exterior por riba do trampolín do escorredoiro e en liña co regato.

O escorredoiro situado no corpo da presa disponse en liña coa canle do regato, de labio fixo cunha lonxitude libre de vertido de 11 metros, repartido en dous vans de 5,50 metros separados por unha pía de 1 metro de largo.

Conduccións: as conduccións partirán desde o lugar da presa do seguinte xeito:

-Beche-Cruce de Leiro: con tubería de fundición de 200 mm e 2.930 metros de lonxitude, cunha derivación cara a Vilacova.

-Cruce de Leiro-Presedo: con tubería de fundición de 200 mm de diámetro en 2.055 metros de lonxitude.

-Presedo-Naranxo: con tubería de fundición de 200 mm de diámetro en 3.810 m de lonxitude.

-Naranxo-Atrio: con tubería de 150 mm de fundición en 900 m de lonxitude.

-Atrio-Depósito de Abegondo: con tubería de fundición de 150 mm de diámetro en 462 m de lonxitude.

-Depósito de Abegondo-Mabegondo: con tubería de fundición de 150 mm de diámetro en 3.897 m de lonxitude.

-Tres ramais de tubería de fundición de 100 mm de diámetro para os lugares de Crendes, Vilacova e Cos, cunhas lonxitudes de 3.025, 2.050 e 4.015 metros, respectivamente.

Depósitos: proxéctanse dous depósitos, un en Beche nas inmediacións do encoro á cota 277 metros, e outro en Abegondo á cota 211 metros, ámbolos dous de formigón armado con cuberta e cámara de chaves e cunha capacidade de 1.500 m cada un.

Depuradora: constrúese unha estación depuradora de augas potables no lugar de Beche, augas abaixo do encoro e que consiste en:

1. Decantador de formigón de forma cilíndrica de 4,10 metros de altura máxima de auga e 5 metros de diámetro interior, e

2. Edificio de explotación e reactivos dividido en varios compartimentos.

A presente información pública faise para os efectos previstos no Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo R.D. 849/1996, do 11 de abril, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental da Xunta de Galicia.

O que se fai público, para xeral coñecemento, sinalándose que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos

poderán presenta-las alegacións pertinentes, por duplicado, no prazo de trinta (30) días contados a partir da data de publicación do presente anuncio no DOG e no BOP da Coruña, no Concello de Abegondo (A Coruña) e nas Oficinas do Servicio de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

O expediente e proxectos atópanse á disposición dos interesados nas Oficinas do Servicio de Xestión do Dominio Público Hidráulico da Dirección Xeral de Obras Públicas da CPTOPV, sitas nos edificios administrativos da Xunta de Galicia, San Caetano s/n, de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1996.

Jesús V. Pazo Buján

Xefe do Servicio de Xestión do Dominio Público Hidráulico

9603751