Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 23 de maio de 1996 Páx. 4.858

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (194/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifica: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo de menor contía número 194/1995, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 194/1995, a pedimento de Euromoble S.L., representado polo procurador Cuns Núñez, asistido do letrado Pardo Martínez, contra Génesis de Publicidad, S.A., declarada en situación procesual de rebeldía.

Decido: que debo aceptar e acepto a demanda interposta polo procurador Cuns Núñez, en nome e representación de Euromoble, S.L., contra Génesis de Publicidad, S.A., declarada en situación procesual de rebeldía, e declaro a obriga desta de coloca-las torretas e os valos na forma e calidade contractualmente previstas e cos materiais que alí se describen, todo iso polo prezo convido e parcialmente aboado; ou noutro caso, declárase resolto o contrato, con devolución das trescentas noventa mil pesetas (390.000) entregadas mailo xuro legal da dita cantidade desde a entrega ata que se produza o pagamento.

As custas procesuais impóñenselle á demandada.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado rebelde, de conformidade co previsto nos artigos 769, en relación co 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, de non poder levarse a cabo a notificación persoal.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Génesis de Publicidad, S.A., con último domicilio na rúa Churruchao, nº 1, baixo de Santiago de Compostela, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, dez de abril de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9602902