Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 23 de maio de 1996 Páx. 4.858

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (67/1996).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos dos que se fai mérito se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Santiago de Compostela o dezanove de marzo de mil novecentos noventa e seis. En nome de El-Rei. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 67/1996, dimanante do procedemento seguido por desobediencia, resistencia, insultos e atentado, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, os policías nacionais con carné profesional nº 23.312, 45.887, 38.889 e 42.067, denunciantes, e como denunciado, Mario da Cunha Tomas Bicho, con domicilio en Portugal, sen poder achegar máis datos.

Decido que debo condenar e condeno a Mario da Cunha Tomas Bicho como autor dunha falta do artigo 570 do Código Penal número 2, con multa de vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.) ou arresto substitutorio de cinco días en caso de non pagamento e ademais, como autor de dúas faltas de lesións, unha delas en grao de frustración do parágrafo 1º e 5º do artigo 582 do Código Penal, con pena de dez e quince días respectivamente de arresto menor por cada unha das faltas e custas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será comunicada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xul

gado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a disposición das partes. (O recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.A. criminal) e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo a asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248 4º da Lei orgánica do poder xudicial, do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpor recurso de apelación para ante o Xulgado de Instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación a Mario da Cunha Tomas Bicho, con paradoiro descoñecido, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o oito de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

2963