Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 22 de maio de 1996 Páx. 4.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do sector de hostelería.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector de hostelería da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincia, o día 19-3-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, Asehospo, e a Asociación de Salas de Fiestas y espectáculos, e da parte social pola central sindical CIG, CC.OO e UGT, o día 5-2-1996. De conformidade co disposto no artigo 24 e a cláusula adicional do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980 de 10 de marzo, do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, a Delegación Provincial de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisióna negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de marzo de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de ratificación do convenio colectivo de hostelería da provincia de Pontevedra 1995-1996.

Asistentes.

Pola Federación de Empresarios de Hostelería:

José Carlos Lemos Domínguez.

Por Asehospo:

José M. Barbosa Suárez.

Pola Asociación de Salas de Festas, Espectáculos e Recreativos:

José Carlos Fernández Romero.

Polas centrais sindicais:

CC.OO.: Santiago Martín Iglesias.

UGT: Jose A. Boullosa Gómez.

CIG: Mª del Tránsito.

Ás 12.30 horas do día 5 de febreiro de 1996, reúnense na sede de Asehospo, situada na avenida de Samil nº 15 en Vigo, os membros da comisión negociadora do convenio colectivo de hostelería de Pontevedra qu ese citan máis arriba co fin de dar cumprimento ó acordado na cláusula adicional segunda da acta final do dito convenio, asinada o pasado día 28 de setembro de 1995, referente ó incremento retributivo que se acordou que se aplicase polos seguintes conceptos:

Nivel salarial, complemento de antigüidade por dereitos adquiridos para quen o teña acreditado na súa nómina como tal concepto o 1-1-1994, manutención, aloxamento e plus de transporte mensual.

Este incremento estableceuse no IPC real de 1996, partindo da previsión do goberno para o dito ano, coa oportuna revisión no que represente desviación, se a houber, do citado IPC, para fin do repetido ano 1996.

Unha vez presentada e examinada detidamente a táboa salarial confeccionada para o efecto, os asistentes dan a súa aprobación e asinan esta acta en sinal de conformidade, tralo cal se dá por finalizada a sesión, ás 13 horas do mesmo día de comezo.

Asinado

NivelAno 95Proposta 96 + 3,5%

1135.000139.725
2130.100134.654
3127.600132.066
4123.100127.409
5121.100125.339
6119.600123.786
7117.600121.716
8115.600119.646
9113.100117.059
10111.100114.989
11109.100112.919
12107.600111.366
13105.600109.296
14103.600107.226
15101.100104.639
1699.100102.569
1797.600101.016
1895.10098.429
1993.60096.876
2091.60094.806
2189.60092.736
2287.60090.666
2385.10088.079
2483.10086.009
2581.60084.456
2679.10081.869
2749.10050.819

3759