Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 22 de maio de 1996 Páx. 4.819

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996 pola que se convocan cinco cursos de perfeccionamento de xefes de negociado da Xunta de Galicia.

En execución do plan de formación da EGAP para o ano 1996, anúnciase a convocatoria de cinco cursos de perfeccionamento de xefes de negociado da Xunta de Galicia, que se desenvolverán conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo mellora-la capacitación profesional dos funcionarios da Xunta que actualmente ocupen postos de xefes de negociado para optimiza-las súas aptitudes e actitudes no desempeño do seu cargo.

Segunda.-Destinatarios.

Van dirixidos a funcionarios de carreira dos grupos A, B, C e D ó servicio da Xunta de Galicia, Parlamento, Valedor do Pobo, Consello de Contas e das tres universidades galegas, que estean ocupando actualmente jefaturas de negociado. Terán preferencia os que as ocupen con carácter definitivo, circunstancia que deberá ser certificada segundo modelo oficial contido no anexo II da presente resolución polo responsable do servicio de persoal do que depende o solicitante.

Absteranse de solicitalos os participantes en edicións anteriores.

A selección efectuarase tendo en conta os méritos e a súa valoración ata un máximo de 3,75 puntos, da forma que a continuación se indica:

a) Experiencia en postos de xefe de negociado: 0,50 puntos por ano completo. A puntuación máxima polo concepto de experiencia será de 2 puntos. A experiencia deberá ser certificada polos servicios de persoal, segundo modelo anexo II.

Non se poderá computar máis de dous anos de ocupación de postos en comisión de servicios.

b) Formación: por cursos relacionados directamente coas materias obxecto deste curso: por cursos de 15 a 40 horas: 0,15 puntos; por cursos de máis de 40 horas; 0,25 puntos. A puntuación máxima será de 1 punto.

c) Idiomas: coñecemento do galego: pola posesión do certificado de aptitude ou con validación de iniciación: 0,25 puntos; polo certificado de aptitude ou con validación de perfeccionamento: 0,75 puntos. A puntuación máxima será de 0,75 puntos.

A EGAP publicará a lista dos participantes coas puntuacións alcanzadas nos taboleiros de anuncios da Escola, do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

No caso de igualdade de puntos terán preferencia os máis antigos na Administración. A antigüidade na Administración que deberá ser certificada segundo modelo oficial contido no anexo II da presente resolución polo responsable do servicio de persoal do que depende o solicitante.

Terceira.-Desenvolvemento.

3.1. Duración: 80 horas.

3.2. Lugares: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra.

3.3. Datas: a partir do mes de xuño, e ata o mes de outubro de 1996.

3.4. Horarios: xoves e venres, de 9.30 a 13.30, de 16.30 a 18.30.

3.5. Prazas: 30 por curso.

Cuarta.-Contido básico.

Linguaxe administrativa galega. Obxectivos e liñas estratéxicas da Xunta de Galicia. Funcións e roles dos mandos intermedios. Procedemento administrativo. Aplicacións da informática na Administración pública.

Quinta.-Probas e certificados.

Valorarase a participación dos alumnos ó longo do curso. A EGAP fixará as probas que considere pertinentes para avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos entre as que poderá incluírse a realización dun traballo. Ós asistentes que superen as avaliacións outorgaráselles unha certificación de aproveitamento coa cualificación de «apto».

Sexta.-Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades (clases ordinarias, conferencias, etc.) que se organicen dentro do curso. A ausencia xustificada poderá ser aceptada polo director do curso. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 10% das horas lectivas programadas determinará a calificación de «non apto» no curso.

Sétima.-Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo I desta resolución e dirixiránse á Escola Galega de Administración Pública, polígono

das Fontiñas, s/n. 15703 Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro da EGAP ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1993, do RXA/PAC.

O prazo de presentación será de vinte días a partir da publicación desta resolución no DOG.

Oitavo.-Modificacións.

O desenvolvemento do curso e o contido poderán ser modificados pola EGAP para adaptalos ás necesidades da Administración e as continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

3760