Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 18 de maio de 1996 Páx. 4.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/157-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S.-C.T. Agra do Río, C.T. River Miño e C.T. Pombal.

Situación: Ribeira.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20, de 3(1x240) mm Al, de 713 m de lonxitude, con orixe no C.T. Agra do Río (Expte. 52.179) e final nos CC.TT. Pombal, River Miño. Reforma dos centros de transformación Pombal y River Miño, instalando no primeiro 2 celas de protección de liña e unha de protección en SF6 e un seccionador tripolar con coitelas de PAT no segundo. Ribeira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 22 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3487