Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 18 de maio de 1996 Páx. 4.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/158-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. ó C.T. de Zara, polígono de Sabón.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterráneo-aérea de media tensión, a 15/20 kV, en dobre circuíto: subterránea, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 214 m de lonxitude dentro da subestación de Sabón. Aérea sobre apoios metálicos e con conductor LA-110 de 1.139 m de lonxitude que entronca no tramo subterráneo anterior e termina no apoio na liña de Zara, no polígono industrial de Sabón. Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 22 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3490