Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 18 de maio de 1996 Páx. 4.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/162-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Fernándo Macías, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: proxecto de modificación da L.A.T. de 66 kV.

Situación: Pedrido-Mesón (Betanzos).

Descricións técnicas: proxecto de modificación da liña eléctrica de alta tensión a 66 kV, no tramo Pedrido-Mesón (RNE), por afección á autovía do noroeste ó seu paso polas inmediacións de Piadela, no concello de Betanzos, consistente en: liña eléc

trica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre apoios metálicos de 23,15 m de altura, entre os nº 57 e 64, e con conductor LA-180, de 956 m de lonxitude. Betanzos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 19 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3486