Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 18 de maio de 1996 Páx. 4.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/154-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Santa Mariña-Robles (2ª fase).

Situación: Narón y Valdoviño.

Descricións técnicas: modificado o proxecto denominado Sta. Mariña-Robles, consistente en instalar: liña eléctrica áerea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 4.659 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 9 e final no nº 49 da liña existente. Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. de 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 52 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 42 da liña anterior e final en C.T. Copagro. Centro de transformación aéreo, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Neiras-Canto do Muro, con saída de rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 110 m de lonxitude. Narón e Valdoviño.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 19 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3485