Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público por procedemento aberto para a contratación de obras de reforma interior para a adaptación á normativa contra incendios N.B.E.-C.P.I.-91 na residencia da terceira idade de Ponteareas e na residencia da terceira idade da Estrada, en Pontevedra.

Esta delegación provincial, en virtude do disposto no Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias en materia de contratación e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto para a contratación de obras de reforma interior para a adaptación á normativa contra incendios N.B.E.-C.P.I.-91 nos seguintes termos:

Expediente: 96/11/4-00004.

Residencia da 3ª idade de Ponteareas.

Orzamento: 9.196.222 ptas. (nove millóns cento noventa e seis mil duascentas vintedúas de pesetas).

Prazo de execución: 3 meses.

Garantía provisional: 183.924 ptas. (cento oitenta e tres mil novecentas vintecatro pesetas).

Clasificación: non se esixe.

Expediente: 96/11/4-00004.

Residencia da 3ª idade da Estrada.

Orzamento: 4.835.730 ptas. (catro millóns oitocentas trinta e cinco mil setecentas trinta pesetas).

Prazo de execución: 2 meses.

Garantía provisional: 96.715 ptas. (noventa e seis mil setecentas quince pesetas).

Clasificación: non se esixe.

Documentación esixida: a especificada nos pregos de cláusulas administrativas; presentarase independentemente para cada unha das obras.

Exposición documentación: as cláusulas administrativas, proxectos e demais documentación complementaria, poderá examinarse na Delegación Provincial de Pontevedra, asi como nas súas dependencias da Avda. Cánovas del Castillo s/n de Vigo, tódolos días hábiles de 9 a 14 horas excepto sábados.

Presentación das propostas: presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación de data de envío e a comunicación ese mesmo día ó órgano de contratación mediante telex ou telegrama.

Prazo: finalizará o prazo de presentación de propostas ós 30 días naturales contados desde o seguinte a esta publicación.

A apertura das propostas realizaraa pola mesa de contratación o decimo terceiro día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación das propostas. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

Lugar: Delegación Provincial de Pontevedra, na sala de xuntas das súas dependencias en Vigo, sita na Avda. Cánovas del Castillo s/n, ás 10 horas.

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 11 de abril de 1996.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

Miguel A. Vázquez Ares

Delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra

3448