Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.669

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de expediente sancionador S-31/1995, seguido contra Ovidio Álvarez Domínguez.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, (BOE do 27 de novembro), faise pública a resolución do expediente sancionador que se indica, que se segue nesta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais contra o infractor que no anexo se sinala, xa que, intentándose a notificación deste no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar.

O correspondente expediente figura a disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, co enderezo na rúa Montevideo, 9.

Esta resolución leva aparellada unha sanción de vinte mil pesetas (20.000 ptas.) ó infractor que no anexo se sinala, dispón dun prazo de quince días para efectua-lo pagamento, contado desde o seguinte ó da publicación desta notificación. De non efectuarse o pagamento dentro do dito prazo, procederase, sen máis trámite, á súa exacción por vía de constrinximento.

O pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria á Xunta de Galicia, conta restrinxida da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: recadacións de multas e sancións, con número de conta 0182-5947-01-14017-9 da sucursal institucional do Banco Bilbao-Vizcaya, con enderezo en Santiago de Compostela.

Lugo, 29 de abril de 1996.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: S-31/1995.

Interesado e enderezo coñecido: Ovidio Álvarez Domínguez, Ortigueira, 2-1º, A Coruña.

Feitos imputados: transporte sin distintivo nin homologación de: 10 kg troitas, 7 kg mexillóns, 20 kg sardiñas, 30 kg chicharro, 30 kg congro, 30 kg livas, 30 kg buriquete, 20 kg fanecas.

Preceptos infringidos: Art. 35 Lei 14/1986, do 25 de abril. Art. 2.3º e 4 R.D.1945/1983, do 23 de

xuño. Art. 1 Dec. 157/1985, do 11 de xullo da Xunta. Art. 3 R.D. 1437/1992, do 27 de novembro. Art. 12 R.D. 2483/1986, do 14 de novembro.

Sanción imposta: 20.000 ptas.

Recurso procedente: recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo dun mes, desde a publicación desta resolución.

9603682