Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 29 abril de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a contratación das seguintes asistencias técnicas: servicios para o Centro Galego de Artes de Imaxe na Coruña; restauración das pinturas murais do cabido da igrexa de Santa María de Baamorto en Monforte de Lemos (Lugo) e traballos de catalogación e delimitación planimétrica dos xacementos arqueolóxicos dos concellos de Friol (Lugo), Cervantes (Lugo) e Cotobade (Pontevedra), lotes I, II, e III respectivamente.

Esta Consellería de Cultura, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a contratación das asistencias técnicas que se citan:

-Servicios para o Centro Galego de Artes da Imaxe na Coruña:

Orzamento de licitación: 8.000.000 de ptas. (oito millóns de pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación requirida: non se esixe.

-Restauración das pinturas murais do cabido da igrexa de Sta. María de Baamorto en Monforte de Lemos (Lugo):

Orzamento de licitación: 3.000.000 de ptas. (tres millóns de pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación requirida: non se esixe.

-Traballos de catalogación e delimitación planimétrica dos xacementos arqueolóxicos dos concellos de Friol (Lugo), lote I, Cervantes (Lugo), lote II e Cotobade (Pontevedra), lote III:

Orzamento de licitación: 7.800.000 ptas. (sete millóns oitocentas mil pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: o establecido nos respectivos pregos de prescricións técnicas.

Clasificación requirida: non se esixe.

Nas devanditas asistencias técnicas non se esixe fianza provisional.

Exposición dos pregos: o prego de características técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores que opten a máis dunha asistencia técnica deberán presentar toda a documentación para cada unha delas. No caso da terceira contratación (xacementos arqueolóxicos), a documentación xeral (sobre A) poderá ser común para tódolos lotes ós que opten os licitadores.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

9603383