Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso de asistencia técnica de desenvolvemento do plan alternativo de infraestructura ferroviaria de Galicia (primeira fase).

A Dirección Xeral de Transportes, de conformidade coa Resolución do 8 de maio de 1996 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, anuncia o seguinte concurso:

1. obxecto: concurso de asistencia técnica de desenvolvemento do plan alternativo de infraestructura ferroviaria de Galicia (1ª fase).

2. Orzamento: 5.750.000 ptas.

3. Prazo: 5 meses.

4. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes, e nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, durante o prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas de oficina.

5. Modelo de proposición: a proposición económica, formularase estrictamente conforme o modelo que se achega no anexo número 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser entregadas en man, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, desde as 9 ás 14 horas ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío

na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante télex ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado redactado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

7. Prazo de presentación: será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

8. Clasificación necesaria: a clasificación requerida será: grupo I, subgrupo 1, categoría A.

9. Apertura de proposicións:

9.1. Lugar: na sala de xuntas da Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza de Europa, 5 A, (2º andar), Área Central, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

9.2. Día e hora: ás 11 horas do quinto día natural, que non sexa sábaado, seguinte á data do termo do prazo de presentación de proposicións.

10. Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador, significándose que deberá achegarse na documentación xeral (sobre nº 1) certificado de clasificación definitiva ou copia autenticada.

11. Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

3462