Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996 pola que se anuncia a licitación dos traballos de dirección técnica das obras de construcción do edificio multiusos, centro parroquial e espacio público circundante en Vilalba.

Obxecto.

Realización dos traballos de dirección técnica das obras de construcción do edificio multiusos, centro parroquial e espacio público circundante en Vilalba.

Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, como así mesmo os pregos de prescricións técnicas particulares estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificio San Caetano.

Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación.

Os licitadores deberán presentar certificado de clasificación de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas.

Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en horas de rexistro, ata as catorce horas do vixésimo sexto día, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións.

A apertura de proposicións verificaraa a mesa de contratación reunida en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ás dez (10) horas do cuarto día hábil que non coincida en sábado, despois de rematado o prazo de presentación das proposicións.

Documentación que deben achega-los licitadores.

A que figure no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política, Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA

D.con enderezo en

e provisto do DNI nº en nome propio ou en

representación da empresa con enderezo

en rúa Tfon.:

CIF:

DECLARO:

I. Que, de acordo co anuncio publicado no DOG nº con

data formulo oferta para o efecto de participar na licitación do contrato que ten por obxeto

II. Que coñezo o prego de prescricións técnicas, prego de condicións administrativas particulares e demais documentación que debe rexe-lo contrato, que expresamente asumo e acato na súa totalidade.

III. Que cumpro con tódolos requisitos e obrigacións esixidos pola normativa vixente para contratar coa Administración Pública.

IV. Que, en relación co traballo obxecto da presente oferta, propoño a súa realización pola cifra de

(debe expresarse en letra) ptas., prezo no que deben entenderse comprendidos tódolos conceptos incluíndo os impostos, taxas e arbitrios de calquera esfera fiscal e tamén o IVE e o beneficio industrial do contratista.

En , de de 199

Asdo.:

DNI:

3669