Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.636

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de panaderías da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de panaderías da provincia de Lugo (código 2700425), asinado o día 29 de novembro de 1995, pola representación da asociación de empresarios e das centrais sindicais UGT, USO, CC.OO. e CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 21 de decembro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

ACTA

Asistentes.

Pola Asociación de Empresarios de Panaderías da provincia de Lugo:

Lisardo Fernández López.

Roberto López García.

Rubén Chousa Vázquez.

Jesús Arias Fernández.

José Manuel García Díaz.

Polas centrales sindicais:

UGT.

Fernando Teijeiro Valledor.

Ricardo Varela Sánchez.

USO.

Jesús Cantero Pérez.

Manuel Expósito López.

CC.OO.

Manuel Núñez López.

CIG.

Mª Carmen Antas Pérez.

ACTA

En Lugo, sendo as 18 horas do día 29 de novembro de 1995, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da Comisión Negociadora do convenio colectivo para o sector de panaderías da provincia de Lugo, adoptándose, despóis de amplos debates, os seguintes,

ACORDOS:

Primero.-Aproba-lo texto do convenio colectivo para o sector de panaderías da provincia de Lugo, para o que as partes contan coa capacidade legal suficiente, segundo acreditase coa acta de constitución da comisión negociadora.

Segundo.-Remiti-lo texto do convenio colectivo referido e as táboas salariais anexas á autoridade laboral competente ós efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan a presente ós a marxe reseñados, no lugar e data sinalados no encabezamento.

Convenio colectivo de traballo para a actividade de industrias do pan (panaderías) da provincia de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de aplicación obrigatoria en toda a provincia de Lugo, de conformidade co preceptuado no título III, capítulo I, sección I, artigo 82 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Este convenio obriga a tódalas empresas que se rexían pola regulamentación nacional de traballo da industria panadeira ( Orde do 12 de xullo de 1946, Boletín Oficial del Estado do 19 de xullo de 1946), sendo de obrigado cumprimento.

Artigo 3º.-Ámbito persoal:

Inclúe a totalidade do persoal ocupado polas empresas indicadas nos ámbitos territorial e funcional.

Artigo 4º

Calquera que sexa a data da súa publicación no BOP, o presente convenio entrará en vigor o día primeiro de xaneiro de mil novecentos noventa e catro (1 de xaneiro de 1994).

Artigo 5º

A duración do convenio alcanzará ata o día trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e cinco (31 de decembro de 1995).

Artigo 6º

O presente convenio enténdese automaticamente denunciado o día da súa sinatura. Ámbalas partes quedan comprometidas, logo de convocatoria de calquera delas, a iniciaren a negociación do ano 1996.

Artigo 7º

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Artigo 8º.-Compensación

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexesen por imperativo legal ou por calquera outra causa.

Artigo 9º

Na orde económica, para a aplicación do convenio, haberá que aterse ó pactado segundo táboa anexa e, en xeral, en todo o non previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto na ordenanza laboral da industria da panadería citada, mentres non sexa substituída por un acordo marco estatal ou autonómico.

Artigo 10º.-Absorción

As condicións que se establecen neste convenio son compensables e absorbibles en cómputo anual, conforme a lexislación vixente.

Artigo 11º.-Situación máis beneficiosa

As situacións persoais que con carácter global excedan do pacto respectaranse, e manteranse as que resulten máis beneficiosas ou favorables para o traballador.

A interpretación do disposto na presente articulación é da competencia da comisión paritaria do convenio.

Artigo 12º

Establecido o principio de unidade e indivisibilidade das condicións pactadas, no suposto de que non fose aprobado algún dos pactos esenciais do convenio que os desvirtuase fundamentalmente, este quedará sen eficacia, e deberase reconsidera-lo seu contido.

Artigo 13º

Créase a comisión paritaria do convenio de acordo co disposto no artigo 85 do Estatuto dos traballadores como órgano de arbitraxe, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

Artigo 14º

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1.- Arbitraxe nos problemas e conflictos que lle sexan sometidos polas partes ou nos supostos previstos concretamente no presente texto.

2.- Conciliación facultativa nos problemas e conflictos colectivos, con independencia das respectivas conciliacións interesadas.

3.- Vixilancia do cumprimento do pactado.

4.- Entender en cantas outras xestións tendan á maior eficacia do convenio.

Artigo 15º

As funcións e actividades da comisión paritaria non obstruirán, en ningún caso, o libre exercicio da xurisdicción, na forma e co alcance regulado pola lexislación vixente.

Artigo 16º

A comisión paritaria reunirase a petición dunha das partes.

Artigo 17º

A comisión paritaria comporase dun presidente, un secretario e oito vocais, catro pola Asociación Provincial de Panadería e catro pola parte social e os asesores que as partes designen.

Artigo 18º

O presidente e o secretario serán elixidos polas partes.

Artigo 19º

A comisión paritaria poderá utiliza-los servicios permanentes ou ocasionais de asesores en cantas materias sexan da súa competencia.

Artigo 20º

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio, para que a comisión emita dictame ou actúe na forma regulamentariamente prevista, previa ou simultaneamente á presentación de tales casos ante a xurisdicción.

A última decisión para a aplicación ou interpretación do contido do convenio teraa a xurisdicción competente laboral.

Artigo 21º

Tódalas empresas quedan obrigadas a respecta-las normas que sobre seguridade e hixiene están recollidas na lexislación vixente e regulamentación de panadería, e establécese unha revisión médica obrigatoria unha vez ó ano. É obrigatorio facilitarlle ó traballador roupas de traballo, que consistirán en:

Dous uniformes brancos ó ano para traballos de obradoiro.

Dous mandís ó ano para o persoal de despacho e repartidores.

Artigo 22º

Os salarios mínimos e de cotización serán os que determinen as disposicións vixentes con carácter xeral en cada momento.

Artigo 23º

Os salarios establecidos para as distintas categorías serán os recollidos na táboa salarial anexa, e supoñen un incremento salarial para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 1994, con respecto ó último ano dun 4%. Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1995, o incremento salarial será dun 3,5%.

Establécese para o segundo ano de vixencia do convenio unha cláusula de revisión no suposto de que o IPC o 31 de decembro de 1995 supere o 3,5%, no exceso da indicada cifra.

Artigo 24º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá:

- Gratificación extraordinaria 31 de xullo, trinta días (30), pagadoira coa nómina de xullo.

- Gratificación extraordinaria Nadal, trinta días (30), pagadoira antes do 24 de decembro.

- Gratificación extraordinaria San Honorato, trinta días (30), pagadoira coa nómina do mes de maio.

O aboamento das gratificacións fixadas anteriormente estarán constituídas polos conceptos retributivos seguintes:

Soldo base. Antigüidade. Xornada especial.

Artigo 25º

A xornada de traballo será a regulada no Estatuto dos traballadores e lexislación de xeral aplicación.

Así pois, para o presente convenio fíxase a seguinte xornada de traballo:

Corenta (40) horas semanais de traballo efectivo, equivalentes a 1.826 horas, segundo dispón a Lei 4/1983, do 29 de xuño, apartado b) artigo 6, maila xornada especial de dúas horas, as cales serán aplicadas nas xornadas denominadas dobres, dos sábados ou vésperas de festivos nos que haxa necesidade de realizar tal xornada coñecida por dobre. Cada ano natural, os traballadores disporán de dous días aboables e non recuperables, logo de comunicación á empresa.

Horarios

Persoal de obradoiro (agás amasadores)

De luns a venres: de dúas horas e trinta minutos a nove horas

Sábado: de unha hora e trinta minutos a nove horas

Persoal de obradoiro: amasadores

De luns a venres: de unha hora e trinta minutos a oito horas.

Sábado: de cero trinta horas a oito horas.

Persoal de reparto (transportsdores)

De luns a venres: de sete horas a trece horas e trinta minutos.

Sábado: de sete horas a catorce horas e trinta minutos.

Persoal de vendas despachos:

De luns a venres: mañá, de nove horas a catorce hora. Tarde: de dezasete horas a dezanove horas.

Artigo 26º

Cando coincidan dous días festivos consecutivos, procederase á fabricación e venda no primeiro deles, e respectarase en todo caso a festividade do domingo, e por este motivo invertirase o día de fabricación para o caso de que o primeiro festivo coincida en domingo, todo isto sen prexuízo do que dispoñan as autoridades competentes e dun modo especial a Lei de comercio interior da nosa Comunidade Autónoma.

Os traballos que se realicen nos ditos días festivos serán aboados como segue: salario base e antigüidade multiplicado por dous, incrementarase o 35% do día festivo. É dicir, aplicarase a fórmula:

2(salario base+antigüidade)+35x(salario base+antigüidade)

100

Artigo 26º bis

Queda establecida neste convenio, e agás os supostos que se exceptúan no parágrafo seguinte, a prohibición de venda, fabricación e distribución de pan, pans especiais e bolería, e quedan os establecementos obrigados a pecha-los domingos e días sinalados.

Exceptuaranse do disposto no parágrafo anterior os días 3, 8, 17 e 24 de decembro de 1995, días estes nos que se poderá vender, fabricar e distribuír pan, pans especiais e bolería.

Aqueles traballadores que presten os seus servicios nas datas sinaladas no parágrafo anterior, verán compensado o traballo en tales datas, mediante un día e medio de descanso por cada domingo ou festivo traballado, para desfrutar dentro dos catro meses seguintes, segundo acordo entre empresario e traballador, ou ben mediante a retribución consistente no salario ordinario incrementado cunha recarga de 3.000 pesetas por domingo ou festivo traballado.

En todo caso, recoñécese o dereito do empresario a decidir cada domingo e día festivo traballado o número e categoría dos traballadores que precisa para unha correcta organización do traballo.

Artigo 27º

Por circunstancias de carácter estrictamente estructurais derivadas da natureza da actividade de que se trata e co fin de atender suficientemente

a subministración de pan á poboación nos días vésperas de domingos e festivos, nos cales non se procederá á fabricación e venda de pan, establécese unha xornada especial nos ditos días vésperas de domingo e festivos, consistente na prolongación da xornada normal en dúas horas máis, e para este efecto fíxase na táboa salarial anexa a correspondente cantidade diaria que percibirán os traballadores en cada categoría profesional.

Artigo 28º

A remuneración do persoal afectado por este convenio estará formada exclusivamente por: salario base-antigüidade-xornada especial-pan, todo iso tendo en conta a circunstancia que concorre nos traballadores de obradoiro de realizaren traballos nocturnos.

Artigo 29º

De conformidade co establecido no artigo 25 do Estatuto dos traballadores, establécense os seguintes incrementos por antigüidade:

Ós cinco anos, dez por cento (10%)

Ós quince anos, vintecinco por cento (25%)

Ós vinte anos, corenta por cento (40%)

Ós vintecinco anos, sesenta por cento (60%)

Ós incrementos calcularanse sobre o salario base.

Artigo 30º

Páctase que as empresas vinculadas polo presente convenio lles aboarán ós traballadores o 100% do salario real, e servirá de modelo o do mes anterior á baixa en casos de accidente laboral mentres dure a baixa polo dito accidente. Así mesmo, as empresas aboaranlles ós traballadores o 100% do salario real nos casos de enfermidade profesional ou con hospitalización durante os primeiros corenta días.

Artigo 31º

O período de vacacións será de trinta días naturais (30), que serán desfrutadas tendo en conta as necesidades do servicio e logo de acordo coa empresa, preferentemente entre os meses de xuño a setembro. A falta de acordo, haberá que aterse ó disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores. O traballador en período de vacacións recibirá o mesmo salario ca no seu traballo habitual, con dereito, ademais, ó quilogramo de pan que ten recoñecido.

Artigo 32º

Avisando coa máxima antelación posible, o persoal afectado por este convenio poderá faltar ó traballo con dereito á percepción do salario, por algún dos motivos e durante os períodos de tempo seguintes:

a) Durante quince días naturais, en caso de matrimonio.

b) Tres xornadas de traballo nos casos de enterro de pais, fillos, cónxuxes ou irmáns, tanto en liña de consanguinidade coma de afinidade, así como no caso de nacemento de fillos, e ampliarase a cinco

días cando o feito se produza fóra da localidade onde estea situado o centro de traballo.

c) Durante dous días, por traslado de domicilio habitual.

Artigo 33º

As festas serán as aprobadas polo calendario oficial laboral e o día dezaseis de maio, festividade de San Honorato.

Artigo 34º

Establécese o criterio de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, e chegar á supresión destas.

Poderanse realizar, non obstante, dentro dos límites e condicións do artigo 35 do Estatuto dos traballadores, as horas extraordinarias necesarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade.

Non se computarán como horas extraordinarias nin se terán en conta para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral, sen prexuízo do seu aboamento como se fosen horas extraordinarias, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios. As horas extraordinarias terán unha recarga do setenta e cinco por cento (75%) e rexeranse baixo a seguinte fórmula:

Salario base conveniox30x1,75 valor hora extra

172

Artigo 35º

O traballador que se incorpore ó servicio militar, casado e con descendencia e que leve como mínimo un ano ó servicio da empresa, terá dereito a percibi-las gratificacións de xullo, Nadal e San Honorato, durante a prestación do servicio militar.

Artigo 36º

Os traballadores terán dereito a percibir un quilogramo de pan diario, incluídos os períodos de vacacións, baixa por enfermidade e accidente. Figurará en nómina segundo o prezo establecido en táboa anexa.

Artigo 37º

En tódalas empresas do ámbito do convenio e en tódolos centros de traballo deste, será debidamente exposto un exemplar deste convenio para ser consultado libremente polo persoal.

Disposicións adicionais

Artigo 38º

Se durante a vixencia do presente convenio mediase negociación e acordo doutro ámbito superior ó presente, as partes adheriranse a el, sempre e cando non exista violación expresa da lexislación vixente e sexa en cómputo anual superior para os traballadores.

Artigo 39º

Os atrasos, por diferencia de salarios producidos como consecuencia da publicación do presente convenio faranse efectivos en tres pagamentos, e realizarase cada un dos pagamentos nos tres primeiros meses a partir da publicación do convenio no diario oficial correspondente.

Artigo 40º

As empresas veranse obrigadas a concertar, con primas íntegras a súa conta, no prazo de dous meses desde a sinatura do presente convenio, unha póliza de accidentes que cubra os riscos de falecemento ou invalidez permanente nos graos de total, absoluta e gran invalidez, a consecuencia de accidente de traballo.

Falecemento: 2.000.000

Invalidez permanente: 2.500.000

Artigo 41º.-Formación profesional

As partes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais que asinan o convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Panaderías de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisisón:

- Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten o sector de panaderías, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha como nos que se poidan programar en adiante.

- Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación desta, tanto ocupacional como regulada ( observatorio ocupacional).

- Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais cos seus equivalentes na Comunidade Eco

nómica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.

- Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 42º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes que asinan acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais que asinan o convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Panaderías de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo de convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1º.- Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2º.- Prestarlles asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e a saúde dos traballadores.

3º.- Dar a coñece-las normas e procedementos e que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4º.- Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos coñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

Cantas outras funcións se atribúa a comisión, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 43º.-Modalidades de contratación.

O contrato de duración determinada regulado no artigo 15.1.b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores poderá ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses.

Táboa salarial

Convenio provincial de panaderías, ano 1994

CategoríaSalario

base día

Xornada

especial

PanTotalTotal anual

Mestre encargado2.1313231752.6291.180.086
Oficial de pa2.1313231752.6291.180.086
Oficial de masa2.1313231752.6291.180.086
Oficial de mesa2.1313231752.6291.180.086

CategoríaSalario

base día

Xornada

especial

PanTotalTotal anual

Axudante2.1212901752.5861.160.727
Peón2.1212901752.5861.160.727
Transp. pan Desp.2.1213111752.60770.158
Repartidor2.1213111752.60770.158
Vend. despacho2.1212221752.51829.455

Muller limpeza

Segundo horas e lexislación vixente

AprendizSegundo lexislación vixente

AntigüidadeA que corresponda en cada caso para tódalas categorías

Táboa salarial

Convenio provincial de panaderías, ano 1995

CategoríaSalario

base día

Xornada

especial

PanTotalTotal anual

Mestre encargado2.2063341812.7211.221.389
Oficial de pa2.2063341812.7211.221.389
Oficial de masa2.2063341812.7211.221.389
Oficial de mesa2.2063341812.7211.221.389
Axudante2.1953001812.6761.201.352
Peón2.1953001812.6761.201.352
Transp. pan Desp.2.1953221812.6981.211.114
Repartidor2.1953221812.6981.211.114
Vend. despacho2.1952301812.6061.168.986

Muller limpeza

Segundo horas e lexislación vixente

AprendizSegundo lexislación vixente

AntigüidadeA que corresponda en cada caso para tódalas categorías

Táboa salarial de atrasos

Convenio provincial de panaderías, ano 1994

CategoríaSalario

base día

Xornada

especial

PanTotalTotal anual

Mestre encargado8212710145.388
Oficial de pa8212710145.388
Oficial de masa8212710145.388
Oficial de mesa8212710145.388
Axudante8211710044.643
Peón8211710044.643
Transp. pan Desp.8212710145.006
Repartidor8212710145.006
Vend. despacho82979843.441

Muller limpeza

Segundo horas e lexislación vixente

AprendizSegundo lexislación vixente

AntigüidadeA que corresponda en cada caso para tódalas categorías

Táboa salarial de atrasos

Convenio provincial de panaderías, ano 1995

CategoríaSalario

base día

Xornada

especial

PanTotalTotal anual

Mestre encargado751169241.303
Oficial de pa751169241.303
Oficial de masa751169241.303
Oficial de mesa751169241.303
Axudante741069040.625
Peón741069040.625
Transp. pan Desp.741169140.956
Repartidor741169140.956
Vend. despacho74868839.531

Muller limpeza

Segundo horas e lexislación vixente

AprendizSegundo lexislación vixente

AntigüidadeA que corresponda en cada caso para tódalas categorías

2415