Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.632

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S.L. para el Centro de Rehabilitación San Rafael en Castro Riberas de Lea.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S.L. para el Centro de RehabilitaciónSn Rafael en Castro Riberas de Lea (código 2700730), da provincia de Lugo, asinado o día 30 de novembro de 1995, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito

de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 12 de decembro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo do persoal de limpeza do Centro Rehabilitación San Rafael de Castro Ribeiras de Lea

Capítulo I

Ámbito de aplicación e duración

Artigo 1º.-Ámbito territorial e persoal.

As estipulacións deste convenio colectivo teñen carácter de mínimas e son de aplicación a todo o persoal de limpeza que presta os seus servicios no Centro Rehabilitación San Rafael, de Castro Ribeiras de Lea.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio iníciase o 1 de xaneiro de 1996 e remata o 31 de decembro de 1996. Chegado o final da vixencia, considerarase prorrogado tacitamente de ano en ano, se non media denuncia dalgunha das partes, que terá que formularse cunha antelación de 4 meses como mínimo, respecto da data de expiración do prazo de vixencia do convenio ou de calquera das súas prórrogas.

Non obstante, a denuncia do convenio non significa modificación ningunha na aplicación do seu texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución polo novo, nos termos que as partes establezan.

Capítulo II

Xornada, vacacións, horas extraordinarias e licencias

Artigo 3º.-Xornada laboral.

A xornada laboral establécese nun máximo de 40 horas semanais efectivas de traballo, que se cumprirá de acordo coa seguinte distribución horaria:

Con criterio alternativo, establécese que a prestación laboral será:

a) De luns a sábado.

b) De luns a venres, o que implica libra-lo sábado e a diminución horaria de seis horas de traballo.

Igualmente, o traballo en domingos e festivos devengará dereito á percepción do plus estipulado,

así como compensación en descanso á semana seguinte.

Os días 24 e 31 de decembro consideraranse con carácter xeral como xornada non laborable.

Non obstante, nos casos en que sexa necesario, por así demandarllo á empresa ou organismo arrendatario dos servicios de limpeza, o persoal que presta servicios neste centro de traballo verase obrigado a realizar un servicio mínimo nas seguintes condicións:

-A xornada de traballo verase reducida na metade do tempo da que se realiza habitualmente, rematando os traballos antes das 18 horas. Nestes casos, a empresa e a representación dos traballadores negociarán a forma de compensar, ben economicamente ou a través do plus de traballo en domingos e festivos previstos no artigo 15 bis do presente convenio, ben mediante descansos, a reducción antes aludida. Tal compensación negociarase igualmente para aquelas persoas que pola natureza do traballo que desenvolvan, realicen as súas funcións en quendas rotatorias, persoas que se exceptúan das reduccións horarias previstas neste artigo.

Artigo 4º.-Descansos.

Todo traballador que en cómputo semanal realice 40 horas de traballo efectivo terá dereito a 15 minutos de descanso computable para tódolos efectos como tempo de traballo.

O mencionado descanso desfrutarase da seguinte maneira:

a) Persoal en quenda de mañá: entre as 11 horas e as 11.15 horas.

b) Persoal en quenda de tarde: entre as 18 horas e as 18.15 horas.

c) Persoal cunha xornada que non coincida coas quendas sinaladas anteriormente: nos 15 minutos seguintes á metade da xornada.

d) Persoal en xornada de mañá e tarde: nos 15 minutos seguintes á metade do horario da mañá.

Artigo 5º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días e serán desfrutadas entre os meses de maio e setembro, salvo petición concreta dos traballadores interesados noutra data.

O persoal de novo ingreso, ou que non devengue vacacións completas, terá dereito a desfrutar no citado ano un número de días proporcional ó tempo de servicio.

O persoal deberá concretar durante o mes de marzo a petición de vacacións para que, unha vez planificadas as necesidades da empresa e oída a representación sindical, se faga pública no taboleiro de anuncios dela, antes do 1 de maio, a relación definitiva das quendas. Os traballadores poderán establecer quendas rotativas para sucesivos anos.

En calquera caso, e con independencia do sistema establecido, cabe a posibilidade de permuta de datas de desfrute entre os traballadores, sempre que non haxa problemas de tipo organizativo. Durante o período vacacional non se permitirá o sobresoldo de transporte nin o de asistencia.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Soamente se realizarán por forza maior, ou as estrcturais; enténdese por tales, ademais das previstas no decreto regulador, as necesidades por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, baixas de enfermidade ou accidente que non motiven substitución superior a 15 días, por permisos retribuídos e por tempo debido a desprazamentos.

Artigo 7º.-Licencias retribuídas.

As licencias na ordenanza laboral do sector e Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

En todo caso, o traballador, avisando con suficiente antelación e posterior xustificación, terá dereito ós seguintes permisos retribuídos:

a) 18 días naturais por matrimonio.

b) 2 días naturais por cambio de domicilio.

c) 3 días por falecemento, enfermidade grave ou intervención cirúrxica de relevancia de parente por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao. Se o feito ocorrese noutra provincia, o permiso ampliarase a dous días máis.

d) Polo tempo necesario ata o máximo de 16 horas anuais para asistir a consulta médica. Poderanse fraccionar estas ausencias.

e) Polo tempo necesario para o cumprimento de deberes públicos.

f) 3 días sen retribuír para asuntos propios.

Capítulo III

Mellora das condicións de traballo

Artigo 8º.-Situacións particulares.

Durante o embarazo, a muller traballadora terá dereito a que se lle asigne un posto de traballo que esixa menos esforzo físico ó que viña realizando habitualmente, se fose posible e existise o dito posto.

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos.

A empresa velará pola práctica de recoñecementos médicos iniciais e periódicos, conforme o establecido polas disposicións vixentes.

Pola súa parte, os traballadores veranse obrigados a someterse a cantos recoñecementos médicos dispoña a empresa a cargo dela, tanto en situación activa como en situación de I.T. ou análoga.

Os recoñecementos médicos orientaranse preferentemente ás enfermidades máis habituais do sector, e efectuaranse, sempre que sexa posible, dentro da xornada laboral do traballador e faráselle entrega a este do resultado do recoñecemento.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles ós traballadores a roupa e material de traballo necesarios, en cada caso, para o desenvolvemento das funcións que teñan asignadas; é obrigatoria a entrega anual de dous uniformes. Así mesmo, entregaranse guantes, calzado e roupa de augas sempre que fose necesario.

Capítulo IV

Adscrición do persoal

Artigo 11º.-Subrogación do persoal.

Ó termo da contrata de limpeza, os traballadores da empresa contratista saínte pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, quen se subrogará en tódolos dereitos e obrigas da anterior adxudicataria con respecto a tódolos traballores, calquera que sexa a situación na que se encontren e a modalidade do seu contrato de traballo, coa única excepción daqueles que fosen incorporados nos últimos catro meses, se a dita incorporación non se debe á ampliación da contrata ou a unha esixencia expresa do cliente.

Nun prazo de tres días hábiles a empresa saínte deberá facilitarlle á entrante a seguinte documentación:

-Certificado do organismo competente de estar ó corrente no pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopia das cinco últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopias dos TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos cinco últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique: nome, apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data do desfrute das vacacións.

O empresario saínte estará así mesmo obrigado a lle liquidar ó entrante as partes proporcionais dos conceptos retribuídos dos traballadores con obxecto de que estes poidan desfrutar completas as súas vacacións e cobrar integramente as pagas correspondentes.

O contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores só se extingue no momento no que se produza a subrogación del por parte da nova adxudicataria.

A aplicación deste artigo será de obrigatorio cumprimento ás partes ás cales vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador. Sen que desapareza o seu carácter vinculante por efecto de que a empresa adxudicataria do servicio suspenda este por un período inferior a dous meses.

Artigo 12º.-Salario.

Durante o ano 1996, os traballadores afectados por este convenio percibirán os salarios establecidos na táboa anexa.

Artigo 13º.-Plus de asistencia.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán, durante o ano 1996, a cantidade de 174 ptas. diarias de traballo efectivo.

Artigo 14º.-Plus de transporte.

Os traballares afectados por este convenio percibirán durante o ano 1996 a cantidade de 194 ptas. por día efectivo de traballo, con independencia dos medios de transporte ou distancia que, en cada caso, existan entre o centro de traballo e o domicilio respectivo.

Artigo 15º.-Plus penoso e perigoso.

Aboarase a cantidade resultante de aplica-lo 20% ó salario base de cada categoría profesional.

Artigo 15º bis.-Plus de traballo en domingos e festivos.

Os traballadores percibirán 1.300 ptas. como compensación por cada domingo ou festivo traballado, no que realicen xornada laboral, con independencia das demais retribucións que, segundo o presente convenio, puidesen corresponderlles.

Artigo 16º.-Plus de nocturnidade.

O incremento por traballo nocturno consistirá nun 25% do salario base, e regularase polas normas contidas na ordenanza laboral do sector e lexislación xeral.

Artigo 17º.-Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade por cada período de tres anos de servicios prestados na empresa.

O importe de cada trienio será para cada traballador dunha contía igual ó 4% do salario base.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores terán dereito a dúas pagas extraordinarias, que serán percibidas o día laboral anterior ó 25 de xullo e 22 de decembro, respectivamente. As ditas pagas serán percibidas na contía de 30 días do salario base máis antigüidade.

Como norma xeral, o devengo das gratificacións extraordinarias previstas neste artigo, así como a prevista no artigo seguinte, será anual. Sen embargo, aquelas que veñan empregando o devengo semestral terán que especificar nas nóminas relativas as gratificacións extraordinarias ó emprego de tal devengo.

Artigo 19º.-Paga de beneficios.

A paga de beneficios será de 30 días. Será percibida durante o primeiro trimestre do ano, de acordo co salario base, máis antigüidade vixente o 31 de decembro do ano anterior.

Artigo 20º.-Anticipos.

Os traballadores afectados por este convenio poderán solicitar anticipos a conta do seu salario cunha antelación mínima de 48 horas á data de pagamento. A este respecto, esta queda establecida nos días 15 de cada mes.

Artigo 21º.-Pagamento da nómina.

A empresa deberá aboar dentro dos 10 primeiros días de cada mes os salarios devengados no mes anterior. Se o día de pagamento fose inhábil, adiantarase ó día hábil inmediatamente anterior.

Artigo 22º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos contados nel teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das súas partes fose declarada sen efecto pola xurisdicción competente, deberá reconsiderarse o seu conxunto globalmente.

Artigo 23º.-Complemento de I.T.

En caso de hospitalización, calquera que sexa a súa causa, o traballador, logo da xustificación correspondente, percibirá o 100% do salario de convenio, máis antigüidade, mentres dure esta.

O traballador que cause baixa por accidente laboral ocorrido no centro de traballo percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüidade, desde o primeiro día de baixa e mentres dure esta. Se o accidente laboral se producise fóra do lugar de traballo, a empresa completará o dito salario a partir do décimo día da baixa.

Capítulo VI

Acción social

Artigo 24º.-Xubilacións anticipadas.

Os traballadores que se xubilen voluntariamente antes de alcanzaren a idade regulamentaria percibirán as seguintes cantidades, segundo a idade:

-Ós 60 anos: 175.000 ptas.

-Ós 61 anos: 150.000 ptas.

-Ós 62 anos: 125.000 ptas.

-Ós 63 anos: 100.000 ptas.

As cantidades mencionadas establécense para aquelas persoas contratadas a xornada completa. Nos contratos a tempo parcial serán permitidas proporcionalmente ó tempo contratado.

Capítulo VII

Acción sindical

Artigo 26º.-Dereitos sindicais.

Haberá que aterse ó disposto no vixente Estatuto dos traballadores e na Lei de liberdade sindical.

O delegado de persoal gozará como mínimo de 15 horas sindicais ó mes retribuídas para tódolos efectos, das cales quedan excluídas as empregadas para a asistencia á negociación colectiva.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Comisión mixta paritaria.

As partes asinantes deste convenio constituirán unha comisión paritaria coas funcións de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia de canto

se estipula no presente convenio, composta por un representante da empresa e un en representación do sindicato asinante do presente convenio. As partes poderán levar ás reunións asesores con voz e sen voto. As discrepancias que se presenten serán sometidas á xurisdicción laboral.

Segunda.-Normas subsidiarias.

Para o non previsto no presente convenio, haberá que aterse ó que dispón o convenio provincial de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que a título persoal puidese ostentar calquera persoa afectada polo convenio.

Cuarta.-Comisión negociadora.

As partes asinantes comprométense a inicia-la negociación do novo convenio dentro do último cuadrimestre de vixencia do presente convenio con antelación suficiente de cara á elaboración dos orzamentos económicos do seguinte exercicio.

ANEXO

-Categoría: Enc.

S. base mes/día: 83.364.

S. base anual: 1.000.368.

P. extra Ben. Jul. Nadal: 250.092.

Plus P. e P.: 200.074.

Plus Transp.: 53.115.

Plus Asist.: 47.635.

Total devengado: 1.551.284.

-Categoría: Limp.

S. base mes/día: 2.389.

S. base anual: 871.985.

P. extra Ben. Xul. Nadal: 250.010.

Plus P. e P.: 174.397.

Plus Transp.: 53.115.

Plus Asist.: 47.635.

Total devengado: 1.362.142.

Plus transporte día: 194 ptas.

Plus asistencia día: 174 ptas.

Acta de asinamento do convenio colectivo da empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S.L. para o Centro de Rehabilitación San Rafael en Castro Ribeiras de Lea

-Asistentes:

Pola empresa: María Carmen Pernas Ozores.

Pola parte social: UGT, Matilde Rodríguez Castro.

-Asesores: Juan Carlos Araújo Rodríguez, Ricardo J. Varela Sánchez e Manuel Lorenzo Fernández.

En Lugo, ás 12 horas do día 30 de novembro de 1995, reúnense as persoas arriba relacionadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Limpiezas Domiciliaras

Lucenses, S.L. (actual concesionaria do servicio de limpeza do Centro de Rehabilitación San Rafael de Castro Ribeiras de Lea) e o seu persoal.

Despois de varias reunións da comisión negociadora, as partes acordan:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo da empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S.L. para o ano 1996, que se envía como anexo á presente acta, para o que contan coa representatividade legal necesaria, segundo acredita a acta de constitución da comisión negociadora, que igualmente se adxunta.

Segundo.-Remiti-la presente acta e documentos adxuntos á autoridade laboral competente, para os efectos oportunos e legais.

En proba de conformidade, asínase a presente acta en lugar e data arriba sinalados.

Rubricado

492