Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.604

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1996 pola que se fai público o acordo do consello do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 7 de maio de 1996, polo que se nomea a secretaria do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Na reunión celebrada o 7 de maio de 1996, o consello do Instituto Galego da Vivenda e Solo acorda, por proposta do director xeral do dito instituto e de conformidade co disposto no artigo 9.1º d) da Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación (DOG do 10 de maio), nomear como secretaria do referido organismo autónomo a Beatriz Cuiña Barja.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

9603624