Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de marzo de 1996 pola que se convocan prazas e axudas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudios de ensino secundario no próximo ano académico 1996-1997.

Publicada a dita orde, no DOG nº 87, do 3 de maio, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 4.072, onde di: «Formación profesional de segundo grao nas especialidades de electrónica de comunicacións, instalacións frigoríficas e climatización», debe engadirse: «marítimo-pesqueira; ponte e máquinas».

-Na mesma páxina, onde di: «Para seguir estudios no instituto de formación profesional de Someso de:...», hai que engadir: «-Formación profesional de primeiro grao nas profesións de fontanería e metal e bacharelato LOXSE: tecnolóxico».

-Na páxina 4.073, onde di: «Para seguir estudios no instituto de formación profesional da Farixa de...», hai que engadir: «bacharelatos LOXSE».

-Na mesma páxina, onde di: «Para seguir estudios no instituto de F.P. O Meixoeiro Ricardo Mella de Vigo», hai que engadir: «bacharelato LOXSE tecnolóxico».

3475