Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.604

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 25 de abril de 1996 pola que se nomean vocais dos consellos asesores técnicos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Os consellos asesores técnicos creados polo Decreto 379/1991, do 7 de novembro, constitúen, no seo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, os órganos asesores e consultivos nas materias da súa competencia.

Por Orde do 14 de xullo de 1992 nomeáronse vocais dos ditos consellos. Co obxecto de complementa-lo marco operativo dos distintos órganos que interveñen no asesoramento da consellería en temas tan importantes como os aspectos que inciden no sistema organizativo da asistencia sanitaria, é preciso nomear novos membros que representen a realidade organizativa actual dos hospitais do Sergas.

En consecuencia, de acordo coas atribucións que me confiren o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e o artigo 5.2º e disposición derradeira primeira do Decreto 379/1991, do 7 de novembro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméanse membros dos consellos asesores técnicos da Consellería de Sanidade e Servicios Socias as persoas que se relacionan no anexo da presente orde.

Artigo 2º

O nomeamento que se efectúa a través desta disposición terá efectividade a partir da súa entrada en vigor e a súa duración será a establecida no artigo 5.2º do Deceto 379/1991, do 7 de novembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 25 de abril de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Grupo 3. Especialidaddes

Consello Asesor Técnico de Especialidades Médicas

José Luis Villar González, xefe do Servicio de Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás.

Javier Fernández Seara, xefe do Servicio de Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás.

3654