Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación de asistencias técnicas 2/1996, mediante o sistema de concurso, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense resolve convoca-la seguinte licitación de asistencias técnicas polo sistema de concurso, procedemento aberto:

1. Obxecto: contratación de asistencias técnicas para a redacción dos proxectos ou execución dos traballos que figuran na relación, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2. Fianza provisional: exenta.

3. Exposición de documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o correspondente proxecto de cada un dos servicios técnicos que se relacionan, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións de 9 horas a 14 horas no Servicio de Contratación da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, rúa do Progreso 161, entrechán.

4. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre a sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 do RGC.)

6. Documentación que terán que presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre a sábado.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Laza (concello de Laza-Ourense). BD-2082 ES/OUR-96.18.

Orzamento: 16.513.761 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de San Millán (concello de Cualedro-Ourense). BD-2086 ES/OUR-96.19.

Orzamento: 6.337.445 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificacion: non se precisa.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Acevedo-Milmanda (concello de Celanova-Ourense). BD-2085 ES/OUR-96.20.

Orzamento: 12.095.752 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Cartelle (concello de Cartelle-Ourense). BD-2090 ES/OUR-96.21.

Orzamento: 13.237.484 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparacion do acordo de concentración parcelaria na zona de Saceda (concello de Cualedro-Ourense). AC-1845 ES/OUR-96.22.

Orzamento: 2.928.794 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Vences Estevesiños (concellos de Monterrei e Castrelo do Val). AC-2076 ES/OUR-96.23.

Orzamento: 14.776.341 pesetas.

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona

de Rabal (concello de Oímbra-Ourense). AC-2079 ES/OUR-96.24.

Orzamento: 3.706.495 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Seoane (concello da Veiga-Ourense). AC-2078 ES/OUR-96.25.

Orzamento: 4.037.433 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: non se precisa.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes da concentración parcelaria da zona de Cima de Ribeira (concello de Xinzo de Limia-Ourense). RF-2091 ES/OUR-96.26.

Orzamento: 1.518.440 pesetas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: non se precisa.

Ourense, 26 de abril de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

3576