Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCION do 24 de abril de 1996, da Delegacion Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitacion de obras número 1/1996, mediante o sistema de poxa, procedemento aberto.

A Delegación Provincial de Ourense resolve convoca-la seguinte licitación de obras polo sistema de poxa, procedemento aberto:

1. Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo con proxectos e pregos aprobados. O orzamento, prazo de execución das obra e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2. Fianza provisional: exenta.

3. Exposición de pregos e proxectos: estarán ó dispor do público nos servicios de Contratación desta delegación (rúa do Progreso, 161, sollado, Ourense),

de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

4. Prazo de presentacion de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre a sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 Regulamento xeral de contratación.).

6. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: as 10 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado.

8. Gastos de publicacion: por conta dos adxudicatarios.

-Título: proxecto de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Doniz. Concello de Cartelle, Ourense. X-3374 ES/OUR-96.15.

Orzamento: 32.859.133 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría C.

-Título: proxecto de camiños principais da zona de concentracion parcelaria de Porqueiros. Concello de Muíños, Ourense. X-3358 ES/OUR-96.16.

Orzamento: 52.945.348 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría C.

Ourense, 24 de abril de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

3581