Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución de espacios naturais que formula o instructor dos expedientes sancionadores C-107/1995 e C-172/1995 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 11 de abril de 1996.

Vicente Piorno González

Instructor

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-107/95Cristóbal Cacheda Chouza

Nanín-Cubela, 6

Sanxenxo

Cazar finxílidos sen autorización e con arte prohibida.Art. 33.1º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.33 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.75.000
C-172/95Juan José Pérez Alfonso

Avda. Galicia, 67-13-2ºF

Vigo

Instalar unha rede circular empregando como reclamo dous exemplares de xílgaros silvestres, e ocultándose a continuación nunha casa en construcción.Art. 33.1º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.33 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.75.000

3580