Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de espacios naturais dos expedientes sancionadores C-116/1995 e dous máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para todolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento pago da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 11 de abril 1996.

José Luis Diez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-116/96Luis Ángel Sio Reimez

Camposanco, 192-Coruxo,

Vigo.

Cazar frinxílidos con rede autorización.Artigo 33.1º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Art. 33 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.50.000
C-133/95Enrique de la Iglesia González

Alcabre-A Fonte, 21, Vigo.

Capturar aves canoras con redes abatibles.Artigo 33.1º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Art. 33 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.75.000

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-175/95Jorge Gómez Costas

Avda. da Florida, 95-2ºB,

Vigo.

Cazar frinxílidos (xílgaros) con rede e reclamo.Artigo 33.1º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Art. 33 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.75.000

3459