Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-36/1995. (Caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre a caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para todolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 11 de abril 1996.

José Luis Diez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-36/95

Denunciado: Pedro Manuel Fernández Castro

Último domicilio coñecido: r/ Rianxo, 6, A Coruña.

Feito denunciado: adestrar cans de caza no couto de caza PO-10.084 en zona vedada e carecendo da licencia de caza e permiso do couto.

Precepto infrinxido: artigo 48.1.8 outra artigo 1.18. e outra artigo 2.1. da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción 10.500

3458