Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1996, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de coidado, control, seguimento e información das zonas marisqueiras da costa lucense.

A Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro-Viveiro, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondontes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Obxecto: servicio de coidado, control, seguimento e información das zonas marisqueiras da costa lucense.

Nº expediente: LU-1/1996.

2. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia.

3. Prazo de execución: sete meses comprendidos entre a fecha da sinatura do contrato e o 31 de decembro de 1996, sen prexuízo do establecido no artigo 72.2º C da Lei 13/1995, do 18 de maio.

4. Orzamento máximo de contrato: oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas, con IVE incluído).

5. Garantía provisional: cento sesenta mil pesetas (160.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos interesados para o seu exame:

-Na Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, complexo administrativo de San Caetano. Santiago de Compostela.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña, r/ Ramón y Cajal, nº 1, Casa do Mar, 5ª planta, 15006 A Coruña. Tlfno: 18 20 01. Fax: 18 20 27.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (Pontevedra), r/ Palma, 4, 36202 Vigo. Tlfno: 81 71 09. Fax: 81 71 02.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro-Viveiro (Lugo): Avda. Ramón Canosa s/n, 27863 Celeiro-Viveiro. Tlfno: 55 17 69. Fax: 55 13 68.

Tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, ata o último día de presentación das proposicións.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación: no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro (Avda. Ramón Canosa s/n, 27863 Celeiro-Viveiro Lugo) ou por calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario oficial de Galicia.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982) 55 13 68 ou telegrama, no mesmo día.

8. Documentación que deben presenta-los licitadores: o que se indica na cláusula 5ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro-Viveiro (Avda. Ramón Canosa, s/n, 27863 Celeiro-Viveiro (Lugo), ás 12 horas do primeiro día hábil no que se cumpran tres días naturais, contados desde a data seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, a apertura será ó seguinte día hábil.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Celeiro-Viveiro, 3 de maio de 1996.

P.D. (Art. 17, Lei 30/1992, 26-11, BOE 285/1992)

(Art. 8-4 Dto. 206/1990, 15-3, DOG 56/1990)

Fco. Javier Alonso Moraleja

Delegado provincial de Celeiro-Viveiro (Lugo)

3548