En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Sectorial Láctea Galega, Aselaga, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas e xurídicas que, pola actividade ou profesión que realizan, estean relacionadas co sector lácteo.
Asinan a acta de constitución: Ramón Santalla Agra e cinco persoas máis.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 1996.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
9603369