Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Ingenieros Técnicos y Peritos Agrícolas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Aso

ciación Profesional de Ingenieros y Peritos Agrícolas de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os enxeñeiros técnicos e os peritos agrícolas que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial galego.

Asinan a acta de constitución: Manuel Antelo Añón e oito persoas máis.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9603325