Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Empresas Fitosanitarias.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresas Fitosanitarias, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas e xurídicas que exerzan a actividade de aplicación de insecticidas, rodenticidas e as de desratización, control e tratamento de pragas, de contaminación e todo aquilo que abarque a hixiene ambiental en xeral.

Asinan a acta de constitución: Ramón Santamaría Sayor e once persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9603368