Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 164/1994 de pesca fluvial de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre a pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do

recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción farase efectivo dentro do prazo de quince días, contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Procedemento sancionador número: 164/1994.

Denunciado: Fortes Fernández, J. Manuel.

Último enderezo coñecido: Costiña Bella, 7-3º D, Ponteareas.

Feitos imputados: construír barreiras con fins de pesca.

Tipificación infracción Lei de pesca:

Artigo infrinxido: 35.11º.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 500.001, Inhab. un ano e un día para obte-la licencia de pesca.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

9603430