Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación da contratación dunha consultoría e asistencia para a elaboración e publicación da revista O Espello Social.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 14 de marzo de 1996, adoptada en virtude de delegación do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais (conferida mediante Orde do 7 de maio de 1994), e foille adxudicado o contrato á empresa A.C.K., S.L., por un importe de 10.900.000 ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

9603431