Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/52-2. Libro de rexistro: 4.522 A.T.)

Para os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1996 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de auto

rización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., Ribas de Sil-Nocedo.

Situación: Ribas de Sil-Quiroga.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con donductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1.507 m, sobre postes de formigón e metálicos, para mellora do servicio eléctrico en Ribas de Sil-Nocedo, nos concellos de Ribas de Sil e Quiroga.

Orzamento: 4.380.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 2 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3419