Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sánez Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Pendella, Valdomir e Campa.
Situación: Folgoso do Courel.
Descriciones técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1.130 metros, sobre postes de formigón e metálicos. Centro de transformación tipo intemperie de 100 kVA. 20.000/380-220 V, sobre poste de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, cunha lonxitude de 495 metros, para mellora do servicio eléctrico en Pendella, Valdomir e Campa, no concello de Folgoso do Courel.
Orzamento: 6.550.000 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 1 de abril de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
3408