Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/57-2. Libro de rexistro: 4.527 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: C.T. de distribución tipo subterráneo en Avda. Galicia.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: centro de transformación de distribución tipo subterráneo de 630 kVA, de 20 kV, con dúas celas de liña e unha celda de protección, en Avda. Galicia-Monforte de Lemos para mellora do servicio eléctrico na zona.

Orzamento: 6.487.265 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3393