Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.487

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 8 de maio de 1996, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes no segundo exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do terceiro exercicio da fase de oposición, convocando ós aspirantes aprobados para a súa realización.

Primeiro.-As listas de aspirantes, coas puntuacións do segundo exercicio, están expostas nos taboleiros de anuncios das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública, así como nas delegacións territoriais da de Economía e Facenda. Así mesmo, poderase consultar a través dos teléfonos (902) 12 00 12 e (981) 54 42 99, de información ó cidadán.

Segundo.-O terceiro exercicio celebrarase o día 28 de maio de 1996, martes, ás 16 horas, no salón de actos grande da Consellería da Presidencia e Administración Pública, en San Caetano (Santiago de Compostela).

Terceiro.-Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1996.

Margarita Rodríguez Rama

Presidenta do tribunal

9603374