Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.487

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres.

Para dar cumprimento na forma máis adecuada ó disposto no número 16 da Orde do 11 de marzo de 1996 (DOG do 19 de marzo), pola que se convocan

probas selectivas para ingreso no corpo de mestres, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Primeiro.-Facer pública no anexo I a relación de aspirantes admitidos dos que solicitaron tomar parte no mencionado proceso selectivo.

Segundo.-Declarar excluídos, polas causas que se especifican, ós aspirantes que figuran no anexo II.

Terceiro.-Incluír condicionalmente na relación de solicitantes ós candidatos que figuran no anexo III.

Cuarto.-No prazo de dez días a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, os interesados poderán interpoñe-las reclamacións previstas no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo co disposto na sección cuarta, número 17, da orde de convocatoria.

Estas reclamacións interpoñeranse na mesma delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na que o solicitante presentou a súa solicitude de admisión.

Quinto.-No prazo de cinco días naturais contados desde o momento do remate do prazo establecido para as reclamacións no número anterior, as delegacións provinciais remitiranlle á Dirección Xeral de Persoal relación detallada das reclamacións presentadas, con indicación da procedencia ou non de acceder a elas.

Sexto.-O feito de figurar na relación de solicitantes non prexulga que se dean por válidas as condicións persoais do intersado que o lexitimen para participar no proceso selectivo, cando da documentación que no seu momento teña que achegar non se deduza de maneira inequívoca o seu dereito a participar nel, conforme as esixencias da convocatoria.

Tal condicionamento faise extensivo incluso á titulación alegada polo interesado na súa solicitude, xa que a Administración neste momento non se pronuncia sobre a súa validez, senón que a súa consignación no modelo de instancia ten un simple valor indicativo; a certificación de estudios que se una a ela admítese, exclusivamente, para os efectos da súa valoración pola comisión na fase de valoración de méritos, polo que o interesado actúa neste proceso selectivo baixo a súa responsabilidade estricta e absoluta.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

3304