Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S.L. (código 2700522), da provincia de Lugo, asinado o día 28 de decembro de 1995, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 11 de xaneiro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de empresa 1995 e 1996

Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito.

O convenio afecta a tódolos traballadores da empresa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S.L., no centro de traballo de Cervo (Lugo), excepto os seus administradores, membros do grupo técnico e apoderados.

Artigo 2º.-Vixencia.

Estará en vigor desde o primeriro de xaneiro de 1995 ata o trinta e un de decembro de 1996.

Artigo 3º.-Prórroga.

O convenio prorrogarase de ano en ano, mentres non sexa denunciado por algunha das partes que asinan, comité ou administración da empresa, antes do trinta de novembro de cada ano.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

1.792 horas/ano efectivas de traballo, do seguinte xeito:

a) Son xornadas laborables, tódolos días do ano, excepto os considerados non laborables no punto b) seguinte.

Horario de 8.30 ás 13 horas e desde as 14.30 ás 18 horas.

b) Son días non laborables, ademais de tódolos sábados e domingos do ano, os seguintes festivos:

1995: 6 de xaneiro, 28 de febreiro, 13 e 14 de abril, 1 e 17 de maio, 5 de xuño, 25 de xullo, 15 e 16 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6, 8 e 25 de decembro.

1996: 1 de xaneiro; 20 de febreiro; 19 de marzo; 4 e 5 de abril; 1 e 17 de maio; 3 de xuño; 16 e 25 de xullo; 15 e 16 de agosto; 1 de novembro; 6, 24 pola tarde, 25, 31 pola tarde, de decembro; máis unha xornada de desfrute individual.

c) As quendas de forno, a razón de tres cada día do ano, en xornada de oito horas cada quenda, con cambio de quenda ás 6, 14 e 22 horas de cada día.

Artigo 5º.-Vacacións.

En 1996 e seguintes anos, as vacacións, 30 días naturais, serán programadas e repartidas equitativamente entre os doce meses de cada ano.

As vacacións desfrutadas nos meses de xaneiro a maio, e de outubro a decembro, inclusive, terán unha bolsa individual de 580 ptas./día, para o ano 1996.

Artigo 6º

A incapacidade laboral transitoria (ILT), anterior ou sobrevida, supedítase ó programa de vacacións, de xeito que ó traballador, no tempo coincidente, transcórrenlle as vacacións e percibirá o seu salario maila prestación da Seguridade Social por ILT.

Artigo 7º.-Tope máximo de ausencias por sección.

Por razóns de organización do traballo, establécese no 20% o tope máximo de ausencias diarias, por tódolos conceptos, en cada sección da fábrica.

Artigo 8º

Condicións económicas, segundo as seguintes táboas salariais:

1995

Categoría laboralNivelPtas./mesPtas./ano

LicenciadoII105.0601.568.550
PeritoIII98.7901.474.950
Axudante técnico non tituladoV92.5151.381.250
Oficial Advo. de 1ªVI89.3801.334.450
Oficial Advo. de 2ªVIII83.8901.252.475
Oficial de 1ª operarioVIII83.8901.252.475
Auxiliar Advo.IX79.9701.193.950
Oficial de 2ª operarioIX79.9701.193.950
Especialista de 1ªX76.8351.147.150
Especialista de 2ªXI75.2701.123.775
PeónXII75.2701.123.775
Aprendiz de máis de 18 anosXII75.2701.123.775

Plus asistencia = 853 ptas./día efectivamente traballado.

A táboa salarial, o mesmo co plus de asistencia, incorporan a cláusula de revisión que fixa o convenio colectivo sectorial de ámbito estatal. o devengo da revisión salarial farase efectivo no segundo trimestre de 1996.

1996

Categoría laboralNivelPtas./mesPtas./ano

LicenciadoII108.2151.615.650
PeritoIII101.7551.519.200
Axudante técnico non tituladoV95.2901.422.675
Oficial Advo. de 1ªVI92.0651.374.525
Oficial Advo. de 2ªVIII86.4101.290.100
Oficial de 1ª operarioVIII86.4101.290.100
Auxiliar Advo.IX82.3701.229.800
Oficial de 2ª operarioIX82.3701.229.800
Especialista de 1ªX79.1401.181.575
Especialista de 2ªXI77.5301.157.525
PeónXII77.5301.157.525
Aprendiz de máis de 18 anosXII77.5301.157.525

Plus de asistencia = 879 ptas./día efectivamente traballado.

As anteditas condicións económicas engloban tódolos conceptos retributivos que considera o convenio colectivo sectorial de ámbito estatal.

Artigo 9º.-Licencias retribuídas.

Rexerá o establecido en cada caso polo convenio colectivo sectorial de ámbito estatal, excepto no concernente á licencia por visita a médicos especialistas, para o que se crea unha disponibilidade individual de 8 horas/ano máximo, sempre que o traballador presente o xustificante da visita realizada.

Artigo 10º.-Gratificación de marzo.

Esta gratificación, substitutoria da denominada paga de beneficios, aboarase, a correspondente a cada exercicio, no primeiro trimestre do ano seguinte.

Nos anos 1995 e 1996, no caso de que os resultados económicos finais do centro de traballo fose positivos, aboarase a razón de trinta días de salario base maila antigüidade. En caso de resultados negativos, en razón só de vinteoito días.

Artigo 11º.-Seguimento.

As partes que asinan, comprométense a un seguimento da xornada de traballo para cuantifica-los resultados que se vaian obtendo, referidos fundamentalmente ó mellor aproveitamento do tempo de traballo e reducción do absentismo, o que incidirá necesariamente nun aumento da productividade e dos resultados económicos positivos.

Artigo 12º

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que se poidan derivar do convenio colectivo sectorial de ámbito estatal, que rexerá como supletorio do convenio colectivo de empresa nas materias sobre as que este non dispoña.

Artigo 13º.

Desígnase unha comisión paritaria, que integran catro membros das partes negociadoras, dous deles en representación do comité de empresa e outros en representación da administración de empresa.

A comisión paritaria entenderá de cantas cuestións lle sexan atribuídas e determinará os procedementos pra solventa-las discrepancias no seo da propia comisión.

9603603