Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 10 de maio de 1996 Páx. 4.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1996 pola que se anuncia a convocatoria da contratación dunha asistencia técnica para a introducción de datos informáticos do fondo de acción social, polo sistema de concurso, por procedemento aberto, con trámite de urxencia.

1. Obxecto do contrato: constitúe o obxecto do contrato a prestación dunha asistencia técnica para

a introducción de datos informáticos do fondo de acción social.

2. Prazo de execucion: sete meses.

3. Orzamento: 5.601.582 pesetas (IVE incluído).

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

5. Fianza provisional: 112.032 pesetas.

6. Fianza definitva: 224.063 pesetas.

7. Clasificacion esixida: non se esixe clasificación.

8. Modelo de proposición: a proposición económica axustarase ó modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día en que se cumplan 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

10. Apertura de proposicións: o acto de apertura será público e terá lugar, diante da mesa de contratación, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso en que o día así sinalado, que corresponde face-la apertura, fose sábado, efectuarase esta o primeiro día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá de aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

3247